Riazor, La Coruña, España

recordos@rcdeportivo.es

981 25 95 00

Sobre nosotros

O RC Deportivo pon en marcha “Recordos en Branco e Azul”, unha iniciativa coa que, xunto con todo o deportivismo, pretende recuperar a súa historia a través da fotografía. Para iso, o RC Deportivo quere dixitalizar e clasificar o seu arquivo fotográfico de xeito colaborativo.

No seu desexo de pór orde e dar valor á súa historia, e con motivo do seu 110 aniversario, o RC Deportivo únese ó proxecto Phottic, a través do cal se ten dixitalizada a maior parte do escaso material fotográfico que posúe o Clube, e desde o cal quere facer un chamamento a tódolos deportivistas para compartir o seu pasado común.

O espírito de “Recordos en Branco e Azul” é o desa caixa de fotografías que todos temos na casa e coa que, de cando en vez, rememoramos momentos da nosa vida. “Recordos en Branco e Azul” ofrece a calquera seareiro a posibilidade de recordar a súa experiencia branquizul, e de compartila con outros deportivistas, como se estivese a abrir a súa propia caixa. É o álbume das vivencias do RC Deportivo.

Calquera seareiro ten a posibilidade de facer a súa aportación á reconstrución da historia do RC Deportivo. Desde aportar un novo dato comentando unha imaxe, ata ceder unha fotografía nova.

O primeiro paso é darse de alta en “Recordos en Branco e Azul”, creando un perfil de usuario.

A partires de aí, o usuario poderá comentar calquera imaxe que haxa na plataforma e ademáis, terá a posibilidade de compartir con todo o deportivismo unha nova fotografía, mediante dúas opcións.

Como subir fotografías do RC Deportivo a Phottic.

1. A primeira é subila directamente á web “Recordos en Branco e Azul”, donde deberá recibir o visto bo en función de diversos estándares de calidade fotográfica e valor histórico. Ó compartir unha imaxe estando rexistrado, constará que esa imaxe é da súa propiedade.
2. A segunda consiste en achegarse coa fotografía en papel ás oficinas do Clube, na Praza de Pontevedra 19, 1º, para proceder á súa dixitalización, seguindo o mesmo proceso. Unha vez dixitalizada, a fotografía orixinal seralle devolta.

A persoa que cede a fotografía sempre conservará a propiedade da imaxe, que emprestará ó RC Deportivo únicamente para o seu uso institucional.

Consulta as condicións de uso da comunidade aquí.

-----

El RC Deportivo pone en marcha "Recordos en Branco e Azul", una iniciativa con la que, junto con todo el deportivismo, pretende recuperar su historia a través de la fotografía. Para ello, el RC Deportivo quiere digitalizar y clasificar su archivo fotográfico de manera colaborativa.

En su búsqueda por ordenar y poner en valor su historia, y con motivo de su 110 aniversario, el RC Deportivo se ha unido al proyecto "Phottic", a través del cual ha digitalizado la mayor parte del escaso material fotográfico que posee el Club, y desde el que quiere hacer un llamamiento a todos los deportivistas a compartir su pasado común.

El espíritu de "Recordos en Branco e Azul" es el de esa caja de fotografías que todos tenemos en casa y con la que, de vez en cuando, rememoramos momentos de nuestra vida. "Recordos en Branco e Azul" ofrece a cualquier aficionado la posibilidad de recordar su experiencia blanquiazul, y de compartirla con otros deportivistas, como si abriese su propia caja. Es el álbum de las vivencias del RC Deportivo.

Cualquier aficionado tiene la posibilidad de aportar su granito de arena a la reconstrucción de la historia del RC Deportivo. Desde aportar un nuevo dato comentando una imagen hasta ceder una fotografía nueva.

El primer paso es darse de alta en "Recordos en Branco e Azul", creando un perfil de usuario.

A partir de ahí, el usuario podrá comentar cualquier imagen que haya en la plataforma y además adquiere la posibilidad de compartir con el deportivismo una nueva fotografía, mediante dos opciones.

Cómo subir fotografías del RC Deportivo a Phottic.

1. La primera opción es subirla directamente a la web "Recordos en Branco e Azul", dónde deberá recibir el visto bueno en función de diversos estándares de calidad fotográfica y valor histórico. Al compartir una imagen estando registrado, constará que esa imagen es de su propiedad.

2. La segunda consiste en acercarse con la fotografía en papel a las oficinas del Club, en la Plaza de Pontevedra 19, 1º para proceder a su digitalización, siguiendo el mismo proceso. Una vez digitalizada, la fotografía original le será devuelta.

La persona que cede la fotografía siempre conservará la propiedad de la imagen, que prestará al RC Deportivo únicamente para uso institucional.

Consulta las condiciones de uso de la comunidad aquí.